siguenos en facebook siguenos en Twitter Sígueme en Pinterest Canal de youtube siguenos en Google+ Instagram

martes, 27 de marzo de 2012

Festa da Reconquista de Vigo 2012

O vindeiro fin de semana celebrarase a Festa da Reconquista de Vigo, conmemorando, como o seu propio nome indica, a reconquista da cidade ós franceses no ano 1809. Nesta edición temos unha ledicia especial, xa que este é o primeiro ano da celebración da festa baixo a condición de "Ben de Interés Turístico Galego".

É unha ocasión especial para disfrutar da cidade e do seu casco antigo, onde se concentrará a celebración da festa, transformando o barrio nun gran mercado de artesanía e alimentación.


asociación de veciños do casco vello leva meses traballando para que o acontecemento sexa un éxito; na súa páxina web aparece xa o programa da festa.


O meu posto estará situado na Rúa Real (Zona 6), preto da praza do Berbés.

Anímovos a todos os que sexades da zona ou vos apeteza achegaros a Vigo a disfrutar dunha festa cun bo xantar, boa música galega e boa artesanía.

VÉMONOS!!!!!



1 comentario:

  1. Qué boa pinta!! Vou a botar unha ollada na páxina ó programa da festa... pode que me achegue a Vigo esta fin de semana. Pasarei a ver o posto número 6, jeje.
    Biquiños.
    *El costurero de Ani*

    ResponderEliminar

Gracias por tu comentario, Hasta pronto!