O vindeiro fin de semana celebrarase a
Festa da Reconquista de Vigo, conmemorando, como o seu propio nome indica, a reconquista da cidade ós franceses no ano 1809. Nesta edición temos unha ledicia especial, xa que este é o primeiro ano da celebración da festa baixo a condición de "Ben de Interés Turístico Galego".
É unha ocasión especial para disfrutar da cidade e do seu casco antigo, onde se concentrará a celebración da festa, transformando o barrio nun gran mercado de artesanía e alimentación.
A
asociación de veciños do casco vello leva meses traballando para que o acontecemento sexa un éxito; na súa páxina web aparece xa o programa da festa.
O meu posto estará situado na Rúa Real (Zona 6), preto da praza do Berbés.
Anímovos a todos os que sexades da zona ou vos apeteza achegaros a Vigo a disfrutar dunha festa cun bo xantar, boa música galega e boa artesanía.
VÉMONOS!!!!!